A maioría dos peixes óseos producen gran cantidade de ovos (en realidade, óvulos) moi pequenos que se depositan na auga, onde son fecundados externamente polos espermatozoides liberados polos machos. Este é un proceso no que se produce un gran desbildamento de materia e enerxía, porque a mortalidade inicial entre os ovos e as larvas sen protección é enorme, e as taxsas de supervivencia son función das condicións ambientais. Os tiburóns optaron por unha estratexia reprodutiva diferente: os óvulos fecúndanse internamente, investindo máis enerxía en producir menos crías, pero máis protexidas.
Os métodos de reprodución dos tiburóns van desde as formas ovíparas, que poñen os ovos grandes e ben protexidos, até as especies ovovivíparas, que dan a luz crías vivas que se nutriron a través dunha placenta, de maneira análoga aos mamíferos.