tiempo en Cangas

martes, 8 de enero de 2019

PREGUNTAS T.4- A MATERIA E OS MATERIAIS

PREGUNTAS REPASO NATURAIS: Tema-4
1.      Que é a materia? É todo aquilo que ten masa e volume, é dicir, todo o que ocupa un lugar no espazo. Ex un libro o aire dos globos, etc

2.      Que propiedades ten a materia? A masa e o volume son as propiedades da materia:
            A masa é a cantidade de materia que ten un corpo. Podemos medila con balanzas ou básculas (en g ou kg)
            O volume é o espazo que ocupa a materia que ten un corpo. Podemos usar para medilo recipientes como xerras
            ou vasos medidores ( en litros).

3.      Tipos de materia Temos dous tipos de materia: Substancia pura ou mestura.
            A materia que está formada por un só compoñente é unha substancia pura. Ex a auga, o ouro.
            A materia formada por varios compoñentes é unha mestura: Un batido de chocolate, unha ensalada.

4.      Tipos de mesturas Hai dous tipos: homoxéneas e heteroxéneas.
§  Nas mesturas homoxéneas non se distingue a simple vista as substancias que as compoñen. Ex un flan, unha tarta.
§  Nas mesturas heteroxéneas vense claramente os elementos que as forman. Ex unha macedonia de froitas, unha ensalada.

5.      Cales son os estados da materia? A materia atópase en tres estados: sólido, líquido e gasoso.
§  A materia en estado sólido ten unha forma fixa Tamén e fixo o seu volume, é dicir, o espazo que ocupa.
§  A materia en estado líquido non ten unha forma fixa, é dicir adáptase á forma do recipiente que o contén. O volume é fixo.
§  A materia en estado gasoso non ten unha forma propia. Tampouco o seu volume é fixo, xa que tende a saír do recipiente que a contén e a ocupar todo o espazo.

6.      Que cambios pode sufrir a materia? A materia pode sufrir un cambio físico ou un cambio químico.
§  Cambios físicos é cando a composición da materia non varía. Ex: cortar o pan, un cubito de xeo que se desconxela.
§  Cambios químico é cando a materia se transforma, é dicir, a súa composición cambia e xorden substancias novas. Ex: un misto ardendo, A mazá despois de cortala ponse marrón, etc.

7.      Que é un cambio de estado? é cando a materia pasa dun estado a outro ao quentala ou arrefriala. Pode ser de varios tipos;
Se a quentamos.
§  Fusión: é o paso de estado sólido a estado líquido.
§  Vaporización: é o paso de estado líquido a estado gasoso.
Ao arrefriala:
§  Condensación: é o paso de estado gasoso a estado líquido.
§  Solidificación:  É o paso de estado líquido a estado sólido.
8.      Que son os materiais? Son a materia coa que se fabrican obxectos. Ex: coiro, algodón, granito,etc

9.      Como poden ser os materias segundo a súa orixe? Segundo a súa orixe os materiais poden ser materiais naturais ou materiais artificiais.
§  Os materias artificiais son aqueles que se obteñen mediante a transformación de materiais naturais. Ex: o papel.
§  Os materiais naturais son os que proceden directamente da natureza. Ex: algodón, madeira.

10.  Como poden ser os materiais naturais? Poden ser de orixe animal, vexetal ou mineral.
§  Orixe animal procede dos animais: da súa pel, dos casulos, do seu pelo. Ex: coiro, seda ou la..
§  Orixe vexetal procede dos vexetais: do tronco, das flores. Ex: madeira, cortiza ou o algodón.
§  Orixe mineral procede do solo. Ex: mármore, granito, arxila.

11.  Cales son as propiedades da materia? Algunhas das propiedades máis importantes da materia son:.
§  Condución da calor Un material é illante cando impide que a calor se transmita a través del como o plástico e a madeira. É condutor cando transmite facilmente a través del a calor como o ferro ou o cobre.
§  Transparencia. Un material é transparente cando deixa pasar a luz a través del, coo o vidro do vaso.
§  Impermeabilidade. Un material é impermeable cando non deixa pasar os líquidos a través del, como o plástico da botella. Sería permeable cando deixa pasar os líquidos a través del, como o filtro da cafeteira.
§  Resistencia. Un material é resistente cando resulta difícil de romper, como a madeira. Dicimos que é fráxil cando e fácil de romper, como o cristal
§  Elasticidade Un material é elástico cando recupera a súa forma despois de estiralo ou dobralo, coma a goma do pelo.

12.  Para que utilizamos os materiais? Algúns dos seus usos son:
§  Para construír edificios e estradas úsanse materiais resistentes.
§  Para confeccionar roupa e calzado búscanse materiais resistentes, elásticos, lixeiros e suaves.
§  Para fabricar máquinas e ferramentas úsanse materiais resistentes, con partes illantes da calor ou da electricidade.

13.  Que características teñen algúns materiais que usamos?
§  O formigón é unha mestura moi resistente de cemento, area e rocas coa que se constrúen, por exemplo os edificios.
§  A arxila é impermeable e úsase para fabricar ladrillos e tellas.
§  O vidro é transparente, polo que se usa para os cristais das fiestras.
§  O algodón, o poliéster e a viscosa son materiais elásticos e lixeiros que serven para confeccionar roupa.
§  A madeira e o plástico son materiais illantes que nos protexen da calor ou da electricidade. Úsanse para fabricar mangos e ferramentas.
§  As rocas son moi resistentes; por iso, utilízanse para construír muros.
§  O asfalto é unha mestura impermeable e resistente ao peso e á calor. Utilízase para facer estradas.
§  O aceiro é un material moi resistente que se utiliza para fabricar máquinas e ferramentas.

14.  Que é a regra dos tres R? É unha fórmula que nos axuda a conservar o medio que nos di que debemos: Reducir, reutilizar e reciclar.
§  Reducir é consumir menos materiais na nosa vida diaria. Ex cando acabamos todas as follas do noso caderno sin estragar ningunha folla.
§  Reutilizar é dar un segundo uso aos materiais xa utilizados. Ex Cando usas a caixa de zapatos para gardar xoguetes, ou pos a roupa que era do teu irmá maior.
§  Reciclar é transformar os materiais usados noutros para que se poidan volver a utilizar. Nos na nosa casa separamos o lixo de papel, vidro, envases . Os botamos nos contedores de papel(azul), vidro (iglú verde) envases (amarelo) para que despois os podan transformar en materiais novos.