Estamos enfermos cando nos sentimos débiles e sen gana de facer nada, e ás veces temos febre.
Cales son algunhas das enfermidades máis comús?
Algunhas das enfermidades máis comúns que podemos contraer son: o arrefriado, a gripe e a varicela.
- O arrefriado é unha enfermidade moi común que provoca tose e mocos.
- A gripe é unha enfermidade que produce febre, dores musculares e cansazo.
- A varicela é unha enfermidade na que aparecen grans por todo o corpo e produce febre e cansazo.
As vacinas fan que o noso corpo estea preparado para defenderse dalgúns microbios que causan enfermidades, como o tétano.