sábado, 9 de noviembre de 2019
domingo, 20 de octubre de 2019
martes, 8 de octubre de 2019
martes, 1 de octubre de 2019
sábado, 21 de septiembre de 2019
sábado, 14 de septiembre de 2019
viernes, 6 de septiembre de 2019
domingo, 1 de septiembre de 2019
martes, 16 de julio de 2019
lunes, 8 de julio de 2019
jueves, 27 de junio de 2019
sábado, 9 de marzo de 2019
jueves, 7 de marzo de 2019
miércoles, 6 de marzo de 2019
jueves, 10 de enero de 2019
martes, 8 de enero de 2019
PREGUNTAS T.4- A MATERIA E OS MATERIAIS
PREGUNTAS REPASO NATURAIS:
Tema-4
1.
Que é a materia? É todo aquilo que ten masa e volume, é dicir,
todo o que ocupa un lugar no espazo. Ex un libro o aire dos globos, etc
2.
Que propiedades ten a materia? A masa
e o volume son as propiedades da
materia:
A masa é a cantidade de materia que ten un corpo. Podemos medila con
balanzas ou básculas (en g ou kg)
O volume é o espazo que ocupa a materia que ten un corpo. Podemos
usar para medilo recipientes como xerras
ou vasos medidores ( en litros).
3.
Tipos de materia Temos dous tipos de materia: Substancia pura ou
mestura.
A materia que está formada por un só
compoñente é unha substancia pura.
Ex a auga, o ouro.
A materia formada por varios
compoñentes é unha mestura: Un
batido de chocolate, unha ensalada.
4.
Tipos de mesturas Hai dous tipos: homoxéneas e heteroxéneas.
§
Nas
mesturas homoxéneas non se distingue
a simple vista as substancias que as compoñen. Ex un flan, unha tarta.
§
Nas
mesturas heteroxéneas vense
claramente os elementos que as forman. Ex unha macedonia de froitas, unha
ensalada.
5.
Cales son os estados da materia? A materia atópase en tres estados:
sólido, líquido e gasoso.
§
A
materia en estado sólido ten unha forma fixa Tamén e fixo o seu volume, é
dicir, o espazo que ocupa.
§
A
materia en estado líquido non ten unha forma fixa, é dicir adáptase á forma do
recipiente que o contén. O volume é fixo.
§
A
materia en estado gasoso non ten unha forma propia. Tampouco o seu volume é
fixo, xa que tende a saír do recipiente que a contén e a ocupar todo o espazo.
6.
Que cambios pode sufrir a materia? A materia pode sufrir un cambio físico ou
un cambio químico.
§ Cambios físicos é
cando a composición da materia non varía. Ex: cortar o pan, un cubito de xeo
que se desconxela.
§ Cambios químico é
cando a materia se transforma, é dicir, a súa composición cambia e xorden
substancias novas. Ex: un misto ardendo, A mazá despois de cortala ponse
marrón, etc.
7. Que é un cambio de estado? é cando a materia pasa dun estado a outro ao quentala ou arrefriala. Pode
ser de varios tipos;
Se a quentamos.
§
Fusión: é o paso de estado sólido a estado líquido.
§
Vaporización: é o paso de estado líquido a estado gasoso.
Ao arrefriala:
§
Condensación: é o paso de estado gasoso a estado líquido.
§
Solidificación: É o paso
de estado líquido a estado sólido.
8.
Que son os materiais? Son a materia coa que se fabrican
obxectos. Ex: coiro, algodón, granito,etc
9.
Como poden ser os materias segundo a súa
orixe? Segundo a súa
orixe os materiais poden ser materiais naturais ou materiais artificiais.
§
Os materias artificiais son aqueles que se
obteñen mediante a transformación de materiais naturais. Ex: o papel.
§
Os materiais naturais son os que proceden
directamente da natureza. Ex: algodón, madeira.
10.
Como poden ser os materiais naturais? Poden ser de orixe animal, vexetal ou
mineral.
§
Orixe animal procede dos animais: da súa pel, dos casulos, do
seu pelo. Ex: coiro, seda ou la..
§
Orixe vexetal procede dos vexetais: do tronco, das flores. Ex:
madeira, cortiza ou o algodón.
§
Orixe mineral procede do solo. Ex: mármore, granito, arxila.
11.
Cales son as propiedades da materia? Algunhas das propiedades máis importantes
da materia son:.
§
Condución da calor Un material é illante cando impide que a
calor se transmita a través del como o plástico e a madeira. É condutor cando
transmite facilmente a través del a calor como o ferro ou o cobre.
§
Transparencia. Un material é transparente cando deixa pasar a
luz a través del, coo o vidro do vaso.
§
Impermeabilidade. Un material é impermeable cando non deixa pasar
os líquidos a través del, como o plástico da botella. Sería permeable cando
deixa pasar os líquidos a través del, como o filtro da cafeteira.
§
Resistencia. Un material é resistente cando resulta difícil
de romper, como a madeira. Dicimos que é fráxil cando e fácil de romper, como o
cristal
§
Elasticidade Un material é elástico cando recupera a súa forma
despois de estiralo ou dobralo, coma a goma do pelo.
12.
Para que utilizamos os materiais? Algúns dos seus usos son:
§
Para construír edificios e estradas úsanse
materiais resistentes.
§
Para confeccionar roupa e calzado búscanse
materiais resistentes, elásticos, lixeiros e suaves.
§
Para
fabricar máquinas e ferramentas úsanse materiais resistentes, con partes
illantes da calor ou da electricidade.
13.
Que características teñen algúns materiais
que usamos?
§
O formigón é unha mestura moi resistente
de cemento, area e rocas coa que se constrúen, por exemplo os edificios.
§
A arxila é impermeable e úsase para
fabricar ladrillos e tellas.
§
O vidro é transparente, polo que se usa
para os cristais das fiestras.
§
O algodón, o poliéster e a viscosa son
materiais elásticos e lixeiros que serven para confeccionar roupa.
§
A madeira e o plástico son materiais illantes que nos protexen da calor ou da
electricidade. Úsanse para fabricar mangos e ferramentas.
§
As rocas son moi resistentes; por iso,
utilízanse para construír muros.
§
O asfalto é unha mestura impermeable e
resistente ao peso e á calor. Utilízase para facer estradas.
§
O aceiro é un material moi resistente que
se utiliza para fabricar máquinas e ferramentas.
14.
Que é a regra dos tres R? É unha fórmula que nos axuda a conservar
o medio que nos di que debemos: Reducir, reutilizar e reciclar.
§
Reducir é consumir menos materiais na nosa vida diaria.
Ex cando acabamos todas as follas do noso caderno sin estragar ningunha folla.
§
Reutilizar é dar un segundo uso aos materiais xa utilizados.
Ex Cando usas a caixa de zapatos para gardar xoguetes, ou pos a roupa que era
do teu irmá maior.
§ Reciclar é
transformar os materiais usados noutros para que se poidan volver a utilizar.
Nos na nosa casa separamos o lixo de papel, vidro, envases . Os botamos nos
contedores de papel(azul), vidro (iglú verde) envases (amarelo) para que
despois os podan transformar en materiais novos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)